Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños e empresarios de Curtis denuncian continuos cortes de luz

Veciños e empresarios de Curtis denuncian continuos cortes de luz

Aseguran que os cortes na subninistración están provocando graves danos, sobre todo nas empresas do polígono industrial

Dende Naturgy apuntan que xa está identificada a avaría e hoxe mesmo quedará arranxada
G24.gal 23/11/2026 14:48

Nunha fábrica do polígono de Curtis-Teixeiro dedícanse a separar o leite en compoñentes unha produción en continuo que só para excecionalmente unhas horas no Nadal. Esa é a teoría porque na práctica as interrupcións son case diarias por incidencias coa subministración eléctrica.

"Este venres pasado en 10 minutos tivemos 5 microcortes. Un microcorte dun segundo pódenos producir varias horas de parada coa perda de produto que supón máis os custos fixos o que son enerxéticos, man de obra, etcétera", explica Juan Cordonié, director fábrica InLeit de Curtis.

Iso tradúcese en graves perdas económicas

"Un corte que teña consecuencia de perda de produto pode chegar a 20.000 euros de custo", engade.

Están afectadas todas as empresas do polígono, pero tamén os veciños.

"O que está facendo é agravando o funcionamento regular, nas casas, nos domicilios, nas industrias, en todas as actividades e mesmo provocando danos", apunta Javier Caínzos, alcalde de Curtis

Dende o Concello esíxenlle á empresa distribuidora que tome medidas urxentes. Tamén habilitaron unha ventá para canalizar todas as queixas e tramitar as reclamacións por danos. Segundo Naturgy, a avaría está identificada dende o venres e hoxe mesmo quedará arranxada. Apuntan que tamén están a realizar traballos de corta e poda na liña aérea para mellorar a calidade do servizo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade