Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría deixa sete horas sen luz os veciños de Anceis, en Cambre

Unha avaría deixa sete horas sen luz os veciños de Anceis, en Cambre

 

Un fallo na subestación de San Marcos deixounos ás escuras 

Os veciños levan semanas padecendo cortes na subministración

 

 

G24.gal 31/08/2026 14:15


A luz marchou ao mediodía e non regresou ata a noite nos lugares de Castrobó e Seoane.

"Xa o sábado non había luz nos farois da rúa, e o domingo a iso das dúas marchou. Eu preciso a luz porque son dependente e chamei ao pouco, pasei a tarde sen luz e ao final acabaron chamándome unhas horas despois cando se restableceu o servizo".

"Marchou a iso das tres e non volveu ata máis das oito, non puiden nin quentar a comida, comendo latas".

Sete horas ás escuras provocadas, segundo Naturgy, por un fallo na subestación de San Marcos.

"Dixeron que había unha incidencia na rede e que o corte ía durar catro horas, durou máis".

"A min non me deron explicación".

"Xa levamos tres semanas con cortes, pero non longos coma os de onte".

O apagamento do domingo foi a pinga que rebordou o vaso nesta parroquia de Cambre. Levan semanas queixándose de padecer cortes na subministración. A peor parte lévana os negocios.

"No salón de peiteado foise a luz o sábado seis veces, cortes pequenos que van e veñen. Tiven sorte que non se me estropearon os secadores, eu preciso a electricidade para traballar".

"No taller se nos quedan os coches no elevador e se estás co ordenador podes perder o que acabas de facer. Tamén na casa eu teño todo eléctrico, e quedas sen poder cociñar e a lavadora a medias".

"E logo se se estraga algún aparato ou marcha a xente do negocio, como o da hamburguesería que tivo que pechar onte, iso quen cho compensa?".

Temen que ninguén se faga cargo das perdas chegado o caso, e piden unha solución urxente para non ter que vivir e traballar pendentes da corrente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade