Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rotura dunha tubaxe na parroquia ourensá de Rairo

Rotura dunha tubaxe na parroquia ourensá de Rairo

Os veciños din que a rede de abastecemento é moi vella e que hai avarías cada pouco

G24.gal 07/10/2026 14:19

Sen auga e coa rúa principal cortada. Así estiveron os veciños de Rairo, en Ourense, durante horas. Foi o martes contra a sete da tarde cando a rotura dunha tubaxe fixo que a auga asolagara a estrada. Un corte na subministración que na zona baixa de Rairo continuaba este mércores pola mañá mentres os operarios da empresa concesionaria traballaban para arranxar a avaría. 

Os veciños quéixanse de que os rebentóns son cada vez máis habituais. Nos últimos meses rexistráronse, din, máis de media ducia. Atribúeno á antigüidade da rede de abastacemento. Hai un ano que se reformou a estrada pero non se cambiaron as tubaxes que teñen máis de tres décadas.

Reclaman que se renove toda a rede e se deixen de facer amaños puntais para pór freo os rebentóns e a súas consecuncias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade