Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boiro recupera o servizo de auga tras a avaría que obrigou as empresas a parar parte da produción

Boiro recupera o servizo de auga tras a avaría que obrigou as empresas a parar parte da produción

A ETAP de Padrón, que foi a orixe do problema, recuperou a súa actividade ao cen por cento

As empresas tiveron que buscar alternativas para sortear os cortes 

Veciños das zonas altas da localidade tamén sufriron cortes de subministración 

Unha avaría na ETAP de Padrón foi a orixe do problema que deixou sen auga o polígono de Boiro e zonas altas da localidade
G24.gal 24/09/2026 14:02

Todo comezou o martes cunha avaría na estación de tratamento de auga de Padrón. A planta xa está plenamente operativa, pero os efectos secundarios aínda se senten en Boiro.

O depósito que abastece o polígono industrial aínda non recuperou o caudal suficiente e as empresas seguen sufrindo as consecuencias. Algunhas tiveron que parar parte da súa actividade e outras buscar alternativas propias para tirar para diante.

Pero as dificultades non se limitan á zona industrial. Os veciños de Cimadevila ou do Monte do Sino están desesperados.

Desde o Concello descargan a responsabilidade, e avanzan que nas próximas horas se recuperará a normalidade. Nas billas comeza a saír auga. Pero o medo e a rabia non pasarán tan rápido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade