A maior central hidroeléctrica de Galicia renova a súa maquinaria tras 70 anos de vida
Trátase dunha complexa operación de enxeñería de renovación a fondo na central de Santo Estevo
Para levantar e separar o rotor dun dos catro grupos da súa base, houbo que empregar dous guindastres de grandes dimensións
Só esa operación tardou varias horas en executarse e requiriu de moita precisión
Leva funcionando 70 anos e vai ser sometida a unha revisión a fondo para prolongar a súa vida útil. E comeza cunha manobra moi delicada: a extracción do corazón eléctrico da súa base estática.
"Entre eles só hai unha diferencia de dous centímetros", di o xefe do centro de produción de Santo Estevo. "É dicir -continúa Iván Arias-, temos que mover 240 toneladas sen que haxa ningunha interferencia cunha marxe de dous centímetros. É unha manobra bastante complicada e complexa. Par logralo temos seis persoas dispostas arredor do rotor que van metendo e sacando unhas taboíñas para comprobas que non haxa ningún rozamento".
" Hai que coordinar moi ben o movemento de ambos guindastres que están unidos por un xugo. Hai que axustar moito a velocidade e o movemento de cada unha." di Héctor Sánchez, da empresa Milsa Trillo Galicia.
"Por diversas circunstancias, a cadea de valor das empresas galegas ten aquí un nicho de mercado. Son moi competitivas neste campo. De feito, estamos traballando con elas por toda a xeografía española", di Miguel Ángel López García, director de Xeración de Iberdrola.