Libérase a autoestrada entre Bilbao e Zaragoza, a AP-9 é xa a máis cara de España
A Xunta reclama ao Goberno que traspase a autoestrada a Galicia para que sexa de balde
AP-9 será a partir deste martes a autoestrada máis cara de España. E sérao porque se liberaliza a peaxe da AP-68. Despois de 46 anos, esta autoestrada que une Bilbao e Zaragoza será de balde nos tramos que pasan por Aragón e A Rioxa.
Percorrer os 220 quilómetros entre Ferrol e Tui custa 28,10 euros. Vai ser o prezo máis alto que se paga en España. Ata agora esa pesada honra correspondíalle á AP-68 entre Bilbao e Zaragoza. A partir do mercores os usuarios pasarán de pagar preto de corenta euros a pagar 6,70. Os tramos en Aragón e A Rioxa serán de balde. Só se pagará polos tramos do País Vasco. Finaliza a concesión e liberalízanse tramos. Mentres, Galicia segue reclamando o rescate da AP-9.
"E inasumible", dicia Óscar Puente no Congreso. O exministro de Transportes deixábao claro. E Ángel Víctor Torres falaba dunha situación complexa. Pero, despois, nunha entrevista na Ser deixaba aberta algunha opción. Mentres, dende a Xunta lembran que queren a transferencia da AP 9 pero non a calquera prezo.