Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fin de semana sen auga da traída na vila de Guitiriz

Fin de semana sen auga da traída na vila de Guitiriz

Dúas avarías deixaron sen subministración o núcleo urbano, onde se esgotou a auga embotellada

Operarios municipais no punto onde se localizou a rotura dunha tubaxe
Félix Aragunde. Imaxe: David Barreiro. 09/11/2026 13:41

A veciñanza da vila de Guitiriz pasou a fin de semana sen auga da traída. Dúas avarías simultáneas deixaron o núcleo urbano sen subministración, unha na captación do encoro de San Xoán, que parou de funcionar, e outra na rúa Río Forxá, debido a unha fuga. 

O corte na subministración afectoulles a máis dun milleiro de residentes, tanto nos negocios coma nos seus fogares. De feito, a auga embotellada chegou a esgotarse, polo que houbo que ir collela ás fontes. 

Segundo o Concello de Guitiriz, a traída xa está practicamente recuperada na súa totalidade. Así e todo, segue en pé a recomendación de non consumir a primeira auga que saia da billa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos