Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xuízo unha muller que insultou un médico de primaria en Xinzo por ser estranxeiro

A xuízo unha muller que insultou un médico de primaria en Xinzo por ser estranxeiro

"Que fas neste país?", espetoulle ao facultativo, de nacionalidade colombiana

O xuízo celebrarase en xaneiro de 2027

G24.gal 09/11/2026 13:51

A Audiencia Provincial de Ourense xulgará en xaneiro de 2027 unha muller acusada de atentar contra a integridade moral e insultar o médico de cabeceira que a atendeu no centro de saúde de Xinzo de Limia por ser estranxeiro.

As partes non alcanzaron conformidade durante a audiencia preliminar celebrada este luns.

Os feitos tiveron lugar o 3 de setembro de 2025, cando a muller acudiu ao centro de saúde onde  atendeu a vítima, un médico de nacionalidade colombiana.

Tras mostrar o seu desacordo polo tratamento pautado polo doutor, a muller comezou a insultalo e a berrarlle, facendo comentarios racistas. "Que fas neste país? Por que non marchas? os médicos de fóra sempre fan o mesmo", recolle o escrito, que tamén apunta a que a procesada lle dixo: "Son racista, pero son funcionaria e sei ata onde podo chegar".

O Ministerio Fiscal considera os feitos constitutivos dun delito de lesión da dignidade por motivos discriminatorios, así como dun delito contra a integridade moral, e solicitou para a inculpada 15 meses de prisión e unha multa de 3.000 euros, así como unha indemnización de 1.000 euros para o prexudicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade