Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hospitalizado un árbitro de fútbol tras unha agresión durante un partido de veteranos en Lugo

Hospitalizado un árbitro de fútbol tras unha agresión durante un partido de veteranos en Lugo

O home recibiu a alta tras estar en observación unhas horas

TVG TVG
G24.gal 09/11/2026 12:44

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División de Honra de veteranos da liga local, tivo que ser suspendido este sábado no campo da Cheda, en Lugo, despois de que un xogador do conxunto visitante agredise o colexiado cunha puñada na cara.

O golpe foi propinado de fronte e alcanzou ao árbitro na zona próxima ao ollo, provocándolle lesións que fixeron necesaria a súa atención médica.

Os feitos producíronse durante o transcurso do partido, que nese momento rexistraba un empate a tres goles. Tras a agresión, o colexiado caeu ao chan e perdeu a consciencia polo que foi atendido durante 45 minutos no propio campo antes de ser trasladado ao centro hospitalario Polusa. A policía tamén acudiu ás instalacións deportivas para intervir tras o sucedido e iniciar unha investigación.

O árbitro permaneceu baixo observación médica e recibiu a alta hospitalaria durante a madrugada. Aínda que o seu estado de saúde xeral é bo e non presenta, segundo a información que chegou aos clubs implicados, complicacións de consideración, o golpe "afectoulle máis animicamente", explica Julio Pacios, presidente do Residencia.

Reacción de rexeitamento 

O incidente xerou unha reacción de rexeitamento por parte dos dous clubs e da Federación Galega de Fútbol. Desde o Residencia consideran que o sucedido reviste unha especial gravidade e reclaman que se adopten medidas contundentes, alén de indicar que corresponde á Federación tomar cartas no asunto.

Pola súa banda, o Alianza tamén expresoulle publicamente as súas desculpas ao colexiado, ao club rival, ao colectivo arbitral e ao conxunto da comunidade futbolística. O encontro quedou suspendido co marcador de 3-3 e á espera das decisións que poidan adoptar os organismos correspondentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade