Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano sen xogar ao fútbol por agredir o árbitro

Un ano sen xogar ao fútbol por agredir o árbitro

O sancionado é un xogador dun equipo de veteranos de Portonovo 

A vítima, de 18 anos, tivo que ser atendida nun centro sanitario

G24.gal 05/11/2026 20:44 Última actualización 05/11/2026 21:41

Sucedeu nun partido de veteranos no campo do Bamio, en Vilagarcía. Un xogador do Portonovo, veterano presuntamente, agrediu o árbitro, de só 18 anos.

Roberto Vázquez Alvite, presidente do Comité Galego de Árbitros, explica que "o xogador enfrontouse a el (ao árbitro), zarandeouno, amagou con pegarlle unha puñada. Agarrouno da cara e empurrouno ao chan. Non son só os feitos físicos, senon os feitos psicolóxicos".

O Comité de Competición e Disciplina sancionou o xogador cun ano de inhabilitación.

"Para nós a asanción é sempre pouca para unha agresión. Imos polo bó camiño, cada vez hai menos", apunta Vázquez.

Dende o Comité de Árbitros insisten en que, con independencia de que as decisións poidan ser ou non acertadas, a violencia nunca está xustificada no deporte.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade