Cargando resultados...
Identificado o agresor que lle deu unha patada na cara a un menor en Vilagarcía
O mozo necesitou ser trasladado a un centro hospitalario, onde estivo acompañado polos seus pais
Imaxe de arquivo da Policía Local
G24.gal
02/11/2026 10:59
O presunto autor dunha patada na cara a un menor durante a madrugada do sábado ao domingo en Vilagarcía de Arousa foi identificado.
Segundo explican fontes municipais, a Policía Local recibiu aviso por unha pelexa na zona do Peirao de Pasaxeiros, onde un menor estaba inconsciente tirado no chan por unha agresión. Á súa chegada, o mozo recuperara a consciencia, pero presentaba convulsións.
O mozo necesitou ser trasladado a un centro hospitalario, onde estivo acompañado polos seus pais.