Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa o dispositivo para buscar restos biolóxicos en Urda tras a retirada dos vagóns do AVE

Continúa o dispositivo para buscar restos biolóxicos en Urda tras a retirada dos vagóns do AVE

Os vagóns do tren AVE foron trasladados a unha "zona segura", segundo a Garda Civil

Medio cento de efectivos seguen a peitear o lugar do accidente, que se mantén custodiado por mandato xudicial

Identificadas 66 das 69 persoas falecidas no accidente ferroviario de Urda

EFE/Ismael Herrero EFE/Ismael Herrero
G24.gal 02/11/2026 10:49

A Garda Civil mantén á primeira hora deste luns o dispositivo despregado en Urda (Toledo) para tratar de localizar restos biolóxicos entre os vagóns dos trens sinistrados o pasado mércores, unha vez que se retiraron os do tren AVE que permanecía nas vías.

A Garda Civil informou a EFE de que medio centenar de efectivos seguen traballando na zona, despois de traballar durante toda a noite.

Segundo puido comprobar EFE, no lugar do accidente retiráronse os vagóns do tren AVE que permanecían nas vías.

Fontes do instituto armado precisaron que durante a noite se procedeu ao traslado deses vagóns sinistrados a unha zona segura.

O obxectivo do dispositivo é facilitar a procura e localización de restos biolóxicos e para iso "vaise peitear metro a metro toda a zona", aseguraron.

Para iso, segue despregado o equipo cinolóxico da Garda Civil, varios drons e a Policía Xudicial.

Ademais, mantense a protección do perímetro ordenado pola xuíza que instrúe a investigación para evitar que terceiras persoas accedan á zona do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade