Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan con vida un home de 73 anos desaparecido en Noalla, Sanxenxo

Atopan con vida un home de 73 anos desaparecido en Noalla, Sanxenxo

O home está nunha zona de humidal de difícil acceso e os axentes están intentando chegar ata el

A muller do home avisou a Garda Civil arredor das 19.20 horas para alertar de que este saíra a cazar co seu can e non regresara

G24.gal 05/11/2026 21:18 Última actualización 05/11/2026 22:06

 A Policía Local de Sanxenxo atopou na noite deste xoves un home de 73 anos que desaparecera pola tarde na zona de Noalla.

O home está nunha zona de humidal de difícil acceso e os axentes traballan para chegar ata el.

A muller do home avisou a Garda Civil arredor das 19.20 horas para alertar de que este saíra a cazar co seu can e non regresara.

Por este motivo, púxose en marcha un dispositivo de busca no que participan Protección Civil, axentes da Garda Civil e o dron da Policía Local, que conta cunha cámara térmica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar