Os concellos, con dificultades para cambiar a luz ámbar nos cruzamentos con semáforos
Hai 23 días que entrou en vigor a norma de circulación que impide semáforos en verde para peóns e en ámbar intermitente para vehículos nos cruces
A estas alturas está custándolles aos concellos adaptarse a esta medida
Este semáforo situado na cidade da Coruña cumpre a norma. Luz verde para peóns e vermella para vehículos.
O 1 de outubro a DXT cambiaba a norma. Desaparece esa luz intermitente en ámbar que permitía o paso con precaución. 23 días despois, algúns seguen coma antes.
A Coruña suprimiu de momento o ámbar no 83 % co vello sistema. Vigo está adaptando progresivamente os 161 cruzamentos que ten. A norma busca acabar coa ambigüidade na prioridade de paso. Pero o certo é que cada cruzamento esixe un informe técnico e un estudo concreto que, de momento, as cidades galegas non teñen ao cen por cento.