Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova Estratexia de Internacionalización da Xunta buscará potenciar as exportacións

A nova Estratexia de Internacionalización da Xunta buscará potenciar as exportacións

O Consello da Xunta acorodou destinar máis de 160 millóns de euros nos próximos dou anos a facilitar a chegada das empresas galegas a novos mercados

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este luns tras a reunión do Consello da Xunta (EFE/Lavandeira jr) A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este luns tras a reunión do Consello da Xunta (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 23/11/2026 13:59 Última actualización 23/11/2026 14:11

O Consello da Xunta aprobou este luns a nova Estratexia de Internacionalización de empresas galegas, á que se destinarán máis de 160 millóns de euros nos próximos dous anos.

Segundo destacou Alfonso Rueda, a nova estratexia busca incrementar as exportacións das empresas xa presentes no mercado exterior e facilitar que outras compañías cheguen a novos mercados. 

Rueda citou A China e o Mercosur como destinos nos que se fixarán prioridades, polas oportunidades que ofrecen. 

Entre as principais novidades, o presidente da Xunta sinalou o novo programa dotado con 50 millóns para apoiar o establecemento e consolidación de empresas galegas noutros países.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade