Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños da Agra do Orzán, cada vez máis preocupados pola inseguridade

Veciños da Agra do Orzán, cada vez máis preocupados pola inseguridade

A Policía Nacional continúa a buscar o autor do ataque que deixou un home ferido por arma branca no pescozo

G24.gal 23/11/2026 13:22

No barrio coruñés da Agra do Orzán non se fala doutra cousa. A Policía Nacional continúa a buscar o autor do ataque que deixou un home ferido por arma branca no pescozo. As primeiras hipóteses apuntan a unha liorta entre varias persoas que acabou coa vítima tendida no chan ata que chegaron os servizos de emerxencia. Foi trasladada ao CHUAC e poucas horas despois xa recibía a alta médica.

Porque, máis alá deste caso concreto, o que preocupa é a sensación de inseguridade que medra entre os residentes. Falan de que os episodios conflitivos son cada vez máis frecuentes.

Todos agardan que o presunto agresor sexa detido e que A Agra do Orzán deixe de ser noticia por sucesos coma este.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade