Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha lea entre indixentes no barrio coruñés dos Rosais remata cun deles feridos

Unha lea entre indixentes no barrio coruñés dos Rosais remata cun deles feridos

Comerciantes e veciños denuncian un aumento de inseguridade e roubos 

G24.gal 13/03/2026 15:13

Unha lea entre indixentes no barrio dos Rosais rematou cun home ferido que tivo que ser trasladado ao hospital.

"Foi entre un que dorme ás portas do salón de peiteado e os de aí abaixo", asegura un veciño.

Comerciantes e veciños denuncian un aumento de inseguridade e roubos na zona polo que esixen unha medidas urxentes. Quéixanse tamén do comportamento dos ocupantes ilegais que levan tempo nesta antiga sucursal bancaria.

Unha situación que os fai sentir inseguros nun barrio que cualificaban como tranquilo. Teñen medo. E por iso queren que, dunha vez por todas, os escoiten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade