Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recuperada no Reino Unido unha talla románica que fora robada por Erik o Belga

Recuperada no Reino Unido unha talla románica que fora robada por Erik o Belga

47 anos despois de producirse o roubo, a Policía Española recupera no Reino Unido unha Virxe románica de gran valor que fora subtraída dunha igrexa de Navarra 

G24.gal 23/11/2026 14:05

Navarra recupera unha peza importante do seu patrimonio artístico.

Trátase dunha escultura de arte románica de principios do S. XIII feita en madeira de nogueira que conserva parte da policromía orixinal di unha voceira do Corpo Nacional de Policía.

Foi esta unha das pezas subtraídas en España por Erik o Belga, o ladrón de arte sacra máis coñecido no mundo e que durante o século pasado espoliou moitos dos templos españois.

"Un ladrón especializado no roubo de obras de arte relixiosa que despois de facerse co botín o trasladaba por estrada para distribuílo no mercado europeo de antigüidades", comenta a mesma voceira.

A peza recuperada pola policía española fora roubada en 1979 da igrexa de San Pedro de Meoz, en Navarra. A talla pasou por diversos anticuarios e coleccionistas europeos ata ser localizada nunha colección de arte española no Reino Unido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade