Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido tras atracar unha tenda na Coruña e ferir o propietario cun coitelo

Detido tras atracar unha tenda na Coruña e ferir o propietario cun coitelo

Atacouno cun obxecto punzante, causándolle cortes no pescozo e na cara

G24.gal 20/11/2026 15:38

A Policía Nacional detivo o home que esta mañá atracou unha tenda na Coruña. O autor do roubo feriu cun coitelo o dono da tenda. O suceso tivo lugar pasadas as dez da mañá no barrio do Ventorrillo.

Un home entrou nun establecemento de alimentación esixíndolle cartos ao dono. Ante a súa negativa, o asaltante atacouno cun obxecto punzante, causándolle cortes no pescozo e na cara.

A vítima tivo que ser trasladada ao hospital, pero por fortuna está fóra de perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade