Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortan unha estrada de Boborás polo risco de desprendementos

Cortan unha estrada de Boborás polo risco de desprendementos

A abundante chuvia dos últimos días obrigou o Concello de Boborás a pechar esta estrada local polo risco de desprendementos

O propio Concello está retirando grandes penedos para evitar que caian sobre a estrada

G24.gal 23/11/2026 14:33

O Concello de Boborás leva catro días retirando rochas da ladeira en risco de desprendemento tras as chuvias. Penedos de máis de dúas toneladas en situación inestable tras a chuvia.

Ángel Cabo, operario da pa: "Está sendo complicado porque, ao quitar as rochas de abaixo, véñense as de arriba. Son pedras moi grandes e hai que picalas para poder quitalas".

O primeiro sinal de alerta foi nun punto anterior. Os desprendementos sobre a estrada levaron o Concello a pechar a vía ao tráfico para evitar accidentes.

Avelino Prado, concelleiro de Obras de Boborás: "Teñen terra nas xuntas e, ao chover, esvara e veñen abaixo os penedos".

A estrada cortada dálles servizo a unha ducia de veciños da localidade de Salón, pero teñen outra vía alternativa.

"Tratamos de facelo o máis pronto posible para evitar perigos para os cidadáns que circulen por aquí", di Avelino.

No que levamos de mes, houbo 17 días de chuvia nesta zona e recolléronse uns catrocentos litros por metro cadrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade