Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal de chuvia e vento deixa 180 incidencias en Galicia

O temporal de chuvia e vento deixa 180 incidencias en Galicia

Meteogalicia activou o aviso amarelo por precipitacións e refachos fortes en varios puntos das catro provincias

Dous peregrinos protéxense da chuvia en Santiago. EFE/Lavandeira Jr
G24.gal 21/11/2026 20:37 Última actualización 21/11/2026 21:31

O paso dunha borrasca moi activa deixou este sábado precipitacións importantes e ventos fortes nas catro provincias, onde se rexistraron un total de 179 incidencias, segundo informa o 112.

Meteogalicia activou o aviso amarelo por choivas na Coruña, Ourense, Pontevedra e o sur de Lugo. En Rois recolléronse 80,6 l/m2, en Entrimo 72,1 e nos concellos de Santa Comba e Tui, 70,5.

O refacho máis intenso rexistrouse ás 20:10 horas en Viveiro (107,6 km/h), pero pola mañá tamén soprou con intensidade en Vimianzo (103,6) e Cedeira (101,2).

Este domingo vaise manter o aviso amarelo no litoral por vento no mar, con intervalos de forza 8, e ondas por riba dos catro metros. Tamén vai seguir a facer seguemento dos ríos o plan INUNGAL, qu se atopa en fase de preemerxencia.

Incidencias 

A Axencia Galega de Emerxencias contabilizou un total de 179 incidencias vinculadas á meteoroloxía dende a medianoite ata as 19:00 horas, período no que atendeu 1.516 chamadas.

A maioría estaban relacionadas coa circulación e o estado das estradas. Neste eito, destacan os 39 avisos por caídas de árbores ou pólas na rede viaria e os 21 por presenza de terra ou pedras na calzada.

A Coruña encabezou o balance provincial con 55 incidencias, seguida de Pontevedra (51), Lugo (38) e Ourense (33). No ámbito municipal, Santiago foi o máis afectado con 12 incidencias, por diante de Lugo e Pontevedra (6 cada un).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade