Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso amarelo por fortes chuvias no interior das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra

Aviso amarelo por fortes chuvias no interior das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra

Agárdanse acumulacións no interior das provincias de Pontevedra e Ourense duns 40 litros por metro cadrado en doce horas

O concello pontevedrés de Fornelos de Montes segue a ser onde máis auga caeu

G24.gal 21/11/2026 15:01 Última actualización 21/11/2026 15:26

Boa parte de Galicia atópase en aviso amarelo pola chuvia. Os acumulados son importantes xa en varios puntos do interior da provincia da Coruña e tamén de Ourense e Pontevedra, onde os ballóns son continuos.

No interior das provincias de Pontevedra e Ourense ata o domingo ás doce da noite a acumulación de auga será, e está sendo, importante. Duns 40 litros por metro cadrado en doce horas. O concello pontevedrés de Fornelos de Montes segue a ser o que máis auga acumula, de feito nel está o encoro de Eiras. Este sábado, despois dunha semana pasada por auga segue chovendo.  

Meteogalicia debuxa esta fin de semana un mapa enteiramente pintado de amarelo no litoral. Aquí nas Rías Baixas este aviso está activo, segue activo, desde as doce da noite pasada con ventos do oeste e suroeste e ondas no mar que poden chegar ata os catro ou cinco metros.

Aviso que se prolongará desde as doce da vindeira madrugada, de novo con ventos do sur e intervalos de forza 8.

Os fortes refachos do vento e o estado mar activan os consellos propios dun aviso amarelo, os de non achegarse a diques, espigóns e paseos marítimos expostos ás ondadas.

Vigo serve de exemplo do que está a pasar en todas as Rías Baixas. Quince litros por metro cadrado de acumulación no litoral e moito vento. Ademais das precipitacións, unha xornada máis tamén se está a notar o vento. Os refachos son especialmente intensos na costa. 

O domingo, decae o aviso amarelo por chuvia nos concellos de interior pero mantense na costa pola intensidade do vento.

Ademais das precipitacións, unha xornada máis tamén se está a notar o vento. Os refachos son especialmente intensos na costa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade