Publicador de contidos

Publicador de contidos

O barrio ourensán da Ponte séntese inseguro

O barrio ourensán da Ponte séntese inseguro

Veciños e comerciantes piden máis vixilancia ante o incremento de edificios ocupados

G24.gal 09/12/2025 13:41

No barrio ourensán da Ponte non deixan de denuncialo: séntense inseguros. Levan meses alertando que cada vez son máis as persoas que pasan a noite na rúa ou ocupan inmobles abandonados. Nun deles apareceu hai tres días un home morto, iso si, sen sinais de violencia.

A aparición este sábado dun home morto nun edificio abandonado no barrio da Ponte non pillou por sorpresa a veciñanza, que levaba tempo denunciando que persoas sen fogar se metían dentro. É o que din, que non é un problema puntual. Que son varios os inmobles deste barrio ourensán que están ocupados ilegalmente. Non están tranquilos porque, engaden, en ocasións provocan problemas de convivencia.

Ademais de máis vixilancia, dende a asociación de veciños da Ponte pídenlle ao Concello de Ourense que tapie o edificio da súa propiedade para evitar máis problemas. A Policía Nacional non detectou signos de violencia no falecido e investiga a súa identidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade