Cargando resultados...
División en Baiona pola presenza dunha casa ocupada ilegalmente
Dous dos habitantes son da vila, e algúns senten compaixón por eles
G24.gal
20/11/2026 13:48
División en Baiona pola presenza dunha casa ocupada ilegalmente na rúa Palos de la Frontera. Nela habitan tres mozos, dous deles son da vila e o terceiro un andaluz que di que traballa en hostalería e que o botaron do seu anterior alugueiro para subir o prezo.
A vivenda pertence á nova sociedade estatal Casa 47 que xa iniciou os trámites para desaloxar a vivenda. Entre a veciñanza os máis preocupados non quixeron falar á cámara. Mentres que outros din que non molestan nada e ademais dous deles son coñecidos da localidade.
Malia todo, a Policía tivo que acudir nalgunhas ocasións a mediar entre eles.