Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os afundimentos nunha rúa de Sarria provocan as queixas da veciñanza

Os afundimentos nunha rúa de Sarria provocan as queixas da veciñanza

Debido aos problemas na rede de saneamento, causantes do mal estado do firme, un carril da vía leva media ano cortado 

Unha veciña sinala un burato na calzada no carril pechado ao tráfico
Félix Aragunde. Imaxe: David Barreiro. 20/11/2026 13:44

No tramo final da rúa Xela Arias, en Sarria, un carril leva seis meses cortado ao tráfico debido ao mal estado da calzada. Os problemas na rede de saneamento, que se adoita tupir, fan que o firme se estea a afundir en diversos puntos. E outro tanto ocorre nas beirarrúas, co perigo que tamén entraña para toda persoa usuaria. 

Ante esta situación, os veciños reclaman por parte das administracións que se acometan canto antes as obras necesarias. Piden que se instalen novas tubaxes na rede de sumidoiros, que se renove o pavimento e que arranxen as beirarrúas. 

Co fin de facer presión para que as súas reivindicacións prosperen, a veciñanza organizou unha manifestación para o vindeiro 27 de novembro.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade