Cargando resultados...
Unha ocupa chama a Policía de Santiago porque atopou un home dentro da casa
O home foi detido polos axentes
G24.gal
07/10/2026 13:20
Os veciños asustábanse ao ver os coches de policía acceder coas sirenas en dirección contraria pola rúa. Acudían á chamada dunha persoa que vive ilegalmente nesta vivenda. Denunciou que atopou un home na casa, outro ocupa.
Os veciños denuncian que hai tráfico ilegal de drogas en pequenas cantidades neste piso e na zona. Din que son catro os inmobles onde a todas horas hai trasfega de xente buscando quen lles venda as substancias. Nos arredores, un colexio, un hospital e, a menos dun quilómetro, a catedral de Santiago.
A policía detivo o ocupa da inquiocupa, una persoa presuntamente con problemas de drogas e que deixou de pagar o alugueiro. Ela segue residindo no piso ocupado.