Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un coñecido clan de Carballo por traficar con armas a través de WhatsApp

Investigan un coñecido clan de Carballo por traficar con armas a través de WhatsApp

Un informe policial de máis de mil páxinas apunta ao clan dos Otero, que vendían pistolas por 1.200 euros 

Todo comezou como unha macrooperación contra o tráfico de drogas hai máis dun ano, pero o material incautado destapou unha presunta trama de armas con axentes que presuntamente os protexían

O barrio do Sisto é unha das zonas máis conflitivas de Carballo O barrio do Sisto é unha das zonas máis conflitivas de Carballo
G24.gal 07/10/2026 14:12 Última actualización 07/10/2026 15:09

Entramos no barrio do Sisto. É neste punto conflitivo de Carballo onde se concentraron as detencións hai máis dun ano. Unha ampla operación policial co centro neurálxico no coñecido clan dos Otero. 

Unha intervención inicial que comezou golpeando o narcotráfico, pero os investigadores non a deixaron aí. Abriron unha nova vía que quedou plasmada nun informe de máis de mil páxinas e que deixa ao descuberto un presunto tráfico de armas. 

Analizaron teléfonos móbiles e chats de WhatsApp. Alí había de todo, pero sobre todo había conversas que demostrarían a venda de pistolas. Algunhas por 1.200 euros. 

Un modus operandi que remove un sentimento na vila, o da necesidade de máis presenza policial na rúa. Pénsano cidadáns de a pé, pero tamén comerciantes. Pero malia todo, o sentir non é unánime. Hai quen pide non estigmatizar aos "moinantes"

Pero o golpe vai máis aló. O escándalo salpica varios gardas civís. Hai cinco expedientados pero a día de hoxe ningún está de servizo. A instrución continúa aberta nos xulgados da vila e promete máis novidades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade