Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouba en tres locais de máquinas expendedoras do mesmo dono a mesma noite e repite a mesma tarde

Rouba en tres locais de máquinas expendedoras do mesmo dono a mesma noite e repite a mesma tarde

Identificárono polo mañá, pero non o detiveron ata que cometeu os roubos da tarde, e ao día seguinte estaba libre

O sector enfróntase a unha vaga de roubos intensos que nalgún caso acabou no peche do local

G24.gal 07/10/2026 14:14

Farto de pasar fame, seica, arrasa coa máquina. Roubo contado en directo polo propio autor, con produtos para o almorzo e mesmo papel de fumar, "que sempre lle piden". Todo un profesional que non se agocha.

"Están operando coma no salón da súa casa. Entran cunha cizalla, miran como está o sistema que xa o coñecen doutras veces, cortan o cadeado, por exemplo, abren a máquina. Con moita calma todo", detalla José Luis López, xerente de Expendedora Rías Baixas. 

Entrou en tres locais do mesmo dono na mesma noite. Pillárono aínda coa mochila ao lombo, pero non o detiveron e recuncou pola tarde neses mesmos negocios.

"Nun rompeu un cristal e levou toda a mercadoría, noutro rompeu o cristal pero non puido facer nada e noutro rompeu un cadro de luz. Puxen a denuncia, identificárono pero non se puido facer nada e pola tarde volveu entrar nos locais, facendo máis estragos, arrancando unha peza dunha máquina, levando un moedeiro cos cartos que tiña", engade o xerente. 

Van ao que pillan. Tanto lles ten.

"Dálles igual pero normalmente se teñen produtos eróticos, de 'grow', papel de fumar, ..., produtos máis custosos, prefiren ir a esa máquina porque o custe é máis alto e pode haber máis cartos", explica López.

Ás perdas da mercadoría, cousa miúda, súmanse os danos nas máquinas, que eses si que son caros, pero tamén os problemas cos seguros e as queixas dos clientes que entran despois. 

"Hai xente que lles falla a máquina e trátanos coma se nós quixésemos lucrarnos", lamenta.

Fronte á impunidade do ladrón, a impotencia da vítima.

"Vives co medo de que se pode repetir o mesmo episodio".

O seu non é un caso único. No sector están fartos e tamén desesperados. Tanto, que algún compañeiro non resistiu e acabou pechando. El, polo menos de momento, quere aguantar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade