Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía investiga o asalto á igrexa de Saa, en Lugo

A policía investiga o asalto á igrexa de Saa, en Lugo

Levaron diversos obxectos, como un cáliz, un botafumeiro ou un deshumidificador

Os ladróns subiron ao campanario para poder entrar no templo
Félix Aragunde. Imaxe: David Barreiro. 06/10/2026 13:30

A igrexa de Santiago de Saa, en Lugo, foi parcialmente desvalixada. Para accederen ao templo, os ladróns subiron polo campanario ata a cuberta. Unha vez arriba, baixaron ao interior da nave descolgándose dende unha xanela situada a uns dez metros de altura. 

"Cando unha veciña veu ao cemiterio, viu que a porta principal da igrexa estaba entornada. Nun primeiro momento, cremos que nos quedara aberta a véspera, pero dentro xa vimos certa manipulación e certos indicios de que entraran", sinala Javier Freitas, presidente da asociación de veciños de Santiago de Saa. 

Entre os obxectos que botaron en falta figuran un botafumeiro, un cáliz ou un deshumidificador que adquiriran os propios fregueses. A isto súmanse os danos no templo, que superan en valor a contía do botín. En calquera caso, o acontecido xerou preocupación entre a veciñanza. 

"De valor, levaron un deshumidifcador que compraramos, un cáliz e un botafumeiro. Ademais houbo danos, pequenas cousas, na porta da entrada e nos bancos", engade Freitas. 

Segundo o párroco, no último mes entraron a roubar xa en nove das igrexas que leva, como son a de Meilán, a de Bocamaos ou esta última de Saa. Pola súa parte, a policía está a investigar a autoría dos feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade