Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Ourense e vítima da 'estafa do amor' e subtráenlle 30.000 euros

Unha veciña de Ourense e vítima da 'estafa do amor' e subtráenlle 30.000 euros

O estafador facíase pasar por un médico militar destinado nunha zona de conflito

Hai dous detidos: un home de 28 anos de idade e unha muller de 74. Ademais, solicitouse unha orde europea de investigación contra un veciño de Italia de 35 anos.

A operación permitiu destapar unha trama internacional de branqueo de capitais 

Garda Civil
G24.gal 07/10/2026 15:22

A Garda Civil de Ourense desarticulou un grupo criminal, no marco da operación Xinroman, tras a denuncia interposta por unha veciña da provincia, vítima da chamada 'estafa do amor', e á que subtraeron 30.000 euros mediante enganos.

Segundo informaron fontes da Comandancia, os feitos ocorreron cando a muller foi contactada por un perfil falso a través de Facebook. Unha persoa fíxose pasar por médico militar destinado nun campamento nunha zona de conflito.

O estafador solicitoulle varias sumas de cartos 

Tras consolidar unha relación sentimental a distancia durante meses, o estafador comezou a solicitarlle diversas sumas de diñeiro, ata chegar a uns 30.000 euros. As cantidades foron remitidas mediante transferencias bancarias, tarxetas de plataformas de videoxogos (Steam) e envíos postais.

A investigación financeira revelou que os fondos ilícitos que obtiña a rede, así como fluxos monetarios superiores procedentes de contas instrumentais, eran desviados rapidamente a través de múltiples contas bancarias nacionais e internacionais (en países como Italia, Lituania e Eslovaquia) e transformados parcialmente en criptomonedas para enmascarar o seu rastro.

Para a apertura destes produtos financeiros, a rede empregou documentación falsa e usurpou a identidade dun cidadán de avanzada idade, do cal obtiveran o seu DNI físico.

A rede conseguiu beneficios de 225.000 euros 

A rede criminal conseguiu obter un beneficio de 225.000 euros en apenas seis meses, dos cales 84.000 euros foron enviados a contas estranxeiras, 125.000 euros foron retirados presencialmente en diversos caixeiros situados na provincia de Biscaia e realizaron compras en distintos establecementos na provincia de Biscaia por importe de 16.000 euros.

A operación policial permitiu destapar unha sofisticada trama financeira internacional de branqueo de capitais, falsificación documental e usurpación de estado civil.

Finalmente, a rede foi desarticulada, coa detención en Bilbao dun home de 28 anos de idade e unha muller de 74 anos. Ademais, solicitouse unha orde europea de investigación contra un veciño de Italia de 35 anos de idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade