Prisión preventiva para o detido en México polo crime de Claudia Tacoronte
Está acusado dun delito de feminicidio polo asasinato da estudante canaria no estado de Morelos
O acusado do asasinato de Claudia Tacoronte. EUROPA PRESS/Fiscalía de Morelos
Unha xuíza de control ditou prisión preventiva contra Francisco Javier N. pola súa suposta participación no asasinato da estudante canaria Claudia Tacoronte, o 12 de setembro no interior da Casa de Cultura de Cuautla, no estado mexicano de Morelos.
"Ao celebrarse hoxe a audiencia na Cidade Xudicial de Cuautla, o xuíz determinou vincular a proceso o home polo delito de feminicidio ao considerar que o imputado incorreu nas causais de lesións infamantes e exposición en lugar público", informou a Fiscalía estatal de Morelos.
A audiencia inicial e de vinculación a proceso levouse a cabo o venres na sala 8 da Cidade Xudicial de Cuautla. A vista comezou sobre as 16:00 horas e concluíu preto das 19:00..
A xuíza impúxolle ao imputado a medida cautelar de prisión preventiva oficiosa e estableceu un prazo de catro meses para o peche da investigación complementaria. A próxima audiencia foi programada para o 18 de xaneiro.