Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os acampados en Santiago pola vivenda chaman a colaborar con pesas de ximnasio, vigas e outros materiais

Os acampados en Santiago pola vivenda chaman a colaborar con pesas de ximnasio, vigas e outros materiais

Piden tamén unha batería de coche, 50 palés, unha carpa de estrutura forte, calquera elemento que poida achegar iluminación con batería ou pilas, garrafas, sacos de durmir ou radiografías

Acampada na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela (Europa Press) Acampada na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela (Europa Press)
G24.gal 07/10/2026 16:13

Os mozos acampados na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela en protesta pola crise da vivenda chamaron a cidadanía a colaborar con pesas de ximnasio, vigas de tres metros e sacos de durmir, entre outros obxectos, para seguir construíndo as estruturas da acampada.

Desta forma, publicaron a través de redes sociais unha lista actualizada con diferentes obxectos, entre os que figuran unha batería de coche cargada, 50 palés, unha carpa de estrutura forte, calquera elemento que poida achegar iluminación e funcione con batería ou pilas, garrafas, sacos de durmir, radiografías, caldeiros e vigas de tres metros.

A lista difundida este mércores está en constante actualización cada día a través do seu perfil de Instagram, onde informan as persoas interesadas en colaborar de que forma poden facelo. Ademais, en días anteriores, recalcaron que non facía falta comprar nada a propósito, senón que pedían que se contribuíse con obxectos almacenados en casa.

Esta madrugada os mozos farán unha semana acampados na emblemática praza compostelá, onde conviven diariamente con peregrinos e turistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade