Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo ataca un colexio en Polonia e causa polo menos nove feridos

Un mozo ataca un colexio en Polonia e causa polo menos nove feridos

O agresor é un mozo polaco de 19 anos que estuda nese mesmo centro

Moja Ostroleka/vía Reuters Moja Ostroleka/vía Reuters
G24.gal 07/10/2026 16:44

Un mozo de 19 anos atacou este mércores cun obxecto afiado varias persoas nas inmediacións e dentro do recinto dun centro educativo de Ostrołęka, no nordés de Polonia, e causou nove feridos antes de autolesionarse cando ía ser detido.

O xefe do Goberno rexional de Mazovia, Mariusz Frankowski, confirmou que o número de feridos ascende a dez: "cinco estudantes, dous profesores e dous transeúntes, ademais do atacante, que ao parecer se autolesionou", segundo dixo en conferencia de prensa.

"Para desmentir as especulacións que comezan a circular nos medios: o autor do ataque é polaco, residente en Ostrołęka, estudante deste colexio e ten 19 anos", subliñou o xefe do Goberno de Mazovia.

Tras o ataque, o centro foi evacuado. Os feridos foron trasladados a centros hospitalarios e o alcalde da cidade afectada convocou un comité de crise.

O rexedor deu instrucións "para que en todas as demais escolas xestionadas pola cidade de Ostrołęka non se permita o ingreso a persoas alleas", sinalou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar