Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dunha rúa de Ferrol din que non poden durmir polo ruído das obras de ADIF

Veciños dunha rúa de Ferrol din que non poden durmir polo ruído das obras de ADIF

Traballan 24 horas para modificar a vía para a conexión co porto exterior 

Algúns veciños aseguran que a maquinaria pesada fai tremer as vivendas 

O Concello fixo medicións de ruído e un informe para que o ministerio e a construtora tomen medidas

 

G24.gal 07/10/2026 15:23

Hai dous meses que empezaron as obras para completar a conexión ferroviaria co porto exterior de Ferrol. Desde entón os veciños da rúa do Instituto conviven acotío cos ruídos dos xeradores e a maquinaria pesada. As queixas foron a máis nas últimas semanas desde que se traballa as 24 horas. Algúns veciños aseguran que ata as casas treman.

Diante das reiteradas queixas veciñais, a Policía Local fixo medicións de ruído e o Concello remitiu un informe ao Ministerio de Transportes e á empresa construtora para que tomasen medidas. 

Agora recoñecen que se rega máis e tamén que se cambiou o xerador de gasóleo por outro eléctrico menos ruidoso, pero, malia iso, hai quen non pode quitar da cabeza o tempo que aínda queda de convivencia coas obras. Segundo os veciños son aínda varios meses máis día e noite a ata dous anos para que rematen. Outros relativizan as molestias e compáranas con outras trasfegas molestas habituais nas fins de semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade