Cargando resultados...
Cortado un carril polas obras de conservación do viaduto da Fraga na autovía do Morrazo
É o segundo que se repara e queda un máis, o da Moura que debería estar rematado o mes de outubro
G24.gal
29/09/2026 15:33
Na autovía do Morrazo continúan os traballos de mantemento dos viadutos da infraestrutura, que comezaron a principio de setembro.
Rematados os traballos no primeiro deles, o da Mó, agora os operarios trasladáronse ao da Fraga, de 360 metros de lonxitude e 65 de altura máxima.
Trátase de substituír os elementos de goma que permiten axustar os movementos entre vigas e piares dos viadutos. Uns traballos que provocarán cortes e desvíos que xa están debidamente sinalizados. O último viaduto en ser reparado será o da Moura e as obras deberían rematar no próximo mes.