Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os robots humanoides chegarán ás nosas casas en menos dunha década

Os robots humanoides chegarán ás nosas casas en menos dunha década

Nun ano, robots humanoides poderán estar xa traballando nas fábricas

O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia prepáraos para que poidan aprender tarefas reais en ámbitos industriais 

G24.gal 29/09/2026 14:39

Rosalía e Viriato son os nomes que escolleu o CTAG para dous dos seus humanoides porque inclúen  IA, a intelixencia artificial no seu ADN. Malia estaren feitos na China, é no Porriño onde se adestran para que poidan traballar.

Ángel Dacal Nieto, responsable de innovación e impacto en 'manufacturing' do CTAG, explica. "Conteñen sensórica, motores e baterías e sobre todo moita intelixencia artificial. Nós o que facemos é adestralos para que fagan esas tarefas que queremos automatizar". 

Os primeiros están pensados para traballar en fábricas, por ser ámbitos máis controlados. Por exemplo, poden: "Manexar cargas, paletizar, baleirar unha caixa, mover cargas..." , explica Dacal.

O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia posiciónase á cabeza da robótica avanzada. Máis alá das fábricas, en pouco tempo estes humanoides poderían traballar no agro o nos coidados das persoas.

"Poderán dar axuda nas residencias da terceira idade, en saúde e por suposto cremos que teremos un destes na nosa casa en 5 ou 10 anos", relata o responsable do laboratorio.

Aquí ábrense moitas oportunidades e desafíos que van máis alá da parte técnica e do desenvolvemento tecnolóxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade