Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprender a camiñar de novo cun robot rehabilitador

Aprender a camiñar de novo cun robot rehabilitador

A máquina axuda na recuperación dos pacientes con secuelas no camiñar por mor dun accidente cerebrovascular ou un traumatismo cranioencefálico

O Sergas acaba de dotar cun destes robots todas as áreas sanitarias

G24.gal 06/03/2026 11:29

As alteracións da marcha son frecuentes tras sufrir un accidente cerebrovascular ou un traumatismo cranioencefálico. Tras sufrir un ictus ou un traumatrismo cranioencefálico, en ocasións é preciso volver a aprender a camiñar de novo. 

Aí entra en xogo o labor dos fisioterapeutas que nas distintas áreas de saúde están estreando un novo colaborador. Un robot rehabilitador que axuda o paciente a facer movementos máis precisos e, polo tanto, a axilizar a recuperación. O Sergas acaba de dotar con un a todas as áreas sanitarias.

"É un aparato moi complexo, que non substitúe a fisioterapia convencional, pero si que é un complemento, e cremos que  un complemento moi positivo", comenta Amparo Portero, xefa do servizo de Rehabilitación do HULA. 

Unha vez colocado o paciente na máquina, hai que adaptar os parámetros do robot ás necesidades concretas. Conta cun sistema de realidade virtual que mostra ao paciente un camiño a percorrer para facer máis atractivo o exercicio e para que el mesmo comprobe  os progresos.  

"Podes medir dunha forma moito máis obxectiva a evolución do paciente. Programas uns parámetros e a máquina tamén vai dicindo que velocidade ou marcha vai facendo. E o paciente ten unha retroalimentación positiva  porque el vai vendo o que vai mellorando". 

Non todos os pacientes neurolóxicos son aptos para o seu uso, é preciso que o usuario teña algo de mobilidade e forza nas extremidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade