Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tecnoloxía, o futuro da fisioterapia

A tecnoloxía, o futuro da fisioterapia

Novas técnicas para tratar lesións con equipos de última xeracíon que están revolucionando o campo da rehabilitación

A bomba diamagnética reduce os tempos de tratamento dun xeito indoloro e sen efectos secundarios
 

Bomba diamagnética, innovación tecnolóxica aplicada á saúde
G24.gal 05/05/2025 15:24

Asociamos a fisioterapia a técnicas manuais, pero cada vez entran máis máquinas nas clínicas. As ondas de choque, os sistemas de ecografía e sobre todo as bombas diamagnéticas están revolucionando o mundo da rehabilitación, permitindo tratar patoloxías antes impensables para os fisioterapeutas.

"Tratamos con resultados espectaculares pois unha úlcera por presión, tratamos por exemplo unha neuralxia por un herpes zoster. Diversas patoloxías que hai un ano para min sería impensable poder tratalas", apunta Carlos Eiras, fisioterapeuta.

A introdución desta nova tecnoloxía non foi tarefa doada.

"A este sector explicarlle dunha tecnoloxía nova, moito máis cara que a habitual e que daba moi bos resultados tiñan que comprobalo. Agora si resulta doado implantala, evidente", relata Carlos Abad, director xeral de Sanax  

A diamagnetoterapia é un método pioneiro no tratamento da dor e de diferentes tipos de lesións. Move líquidos, polo que ten un potente efecto drenante. Carlos recorda un dos primeiros pacientes. Chegou á clínica tras un ano a tratamento por unha úlcera.

"Fixémoslle 5 sesións de tratamento coa bomba diamagnética e conseguimos pechala. Iso para o paciente supuxo un gran cambio porque pasou de que non era capaz durante ese tempo de poñerse de pe a poder cargar enriba do pe sen dolor", continúa o fisioterapeuta

O boca orella empeza a funcionar e, malia ser un tratamento innovador, xa se está facendo popular.

"Xa entra algunha xente pola porta dicindo quero que me poñas esa máquina, non saben nin como se chama pero queren a aplicación da bomba diamagnética".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos