Condutores ao límite na AP-9
Os túneles entre Ferrol e A Coruña acumulan atrasos mentres a peaxe se mantén intacta
Na AP-9 o treito entre Ferrol e A Coruña leva meses convertido nun embude. Din os condutores que "realmente non se ve o que están facendo, sei que arranxaron o túnel, pero seguen cortando un carril..."; outros engaden que "levan moito tempo é cando non é un treito é outro".
Túneles en obras, carrís pechados, desvíos improvisados e límites de velocidade que fan que a autoestrada deixe de ser a opción máis rápida. E todo isto pagando a mesma peaxe, sen descontos nin compensacións.
Melloras en seguridade, ventilación, saídas de emerxencia, sistemas de control... O prazo inicial fixado para estas obras xa caducou e, polo momento, ninguén concretou aínda cando van rematar.