Publicador de contidos

Publicador de contidos

Muxía lidera a tempada de verán de Paradores en España, ao rozar unha ocupación do 99 %

Muxía lidera a tempada de verán de Paradores en España, ao rozar unha ocupación do 99 %

As prazas das instalacións galegas sobresaen cun 95 % de ocupación

Parador de Muxía (Arquivo/Paradores) Parador de Muxía (Arquivo/Paradores)
G24.gal 14/09/2026 13:13

Paradores de Turismo pechou a tempada de verán de 2026 cunha marca histórica de facturación ao superar os 80 millóns de euros de ingresos entre os meses de xullo e agosto.

Destaca nesta cifra o parador de Muxía, na Costa da Morte, que foi o de maior ocupación en toda a rede en España ao situarse no 98,5 %. As prazas galegas do resto de aloxamentos tamén sobresaen no país, ao situarse ao redor do 95 %.

A cadea pública de aloxamentos rexistrou unha ocupación media do 86,1 % no país, impulsada polo crecemento do turismo de interior, a fortaleza do mercado norte da península e o repunte do negocio gastronómico.

A presidenta de Paradores, Raquel Sánchez, remarcou que estes resultados proban a viabilidade de "crecer sen renunciar ao noso xeito de entender o turismo", consolidando a función da empresa como "motor de cohesión territorial e de turismo sostible".

Entre os recintos con maior volume de reservas destacaron o Parador de Costa da Morte, que liderou a rede nacional cun 98,5 % de ocupación, así como as prazas galegas e catalás de Aiguablava, Baiona e Mazagón, todas elas arredor do 95 %.

No interior peninsular, os recintos da Pobra de Seabra, Benavente, Tordesillas, Fuente Dé e Verín rexistraron cotas de enchido de entre o 96 % e o 97 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade