Muxía, vila máis bonita do mes segundo a revista National Geographic
A edición española da revista especializada ensalza a súa beleza pola súa mestura de mar, pedra e relixión
Muxía acaba de ser escollido como a vila máis bonita da xeografía nacional por unha revista especializada. Baixo o epígrafe de "destino imprescindible da Costa da Morte", a sección de viaxes da revista National Geographic acaba de dedicarlle o mes de setembro.
Salienta a súa comuñón co oceáno Atlántico, a mestura de relixión e paganismo do seu santuario e a fusión máxica entre o Camiño de Santiago e un litoral salvaxe sometido as acometidas da natureza.
Muxía signifícase polas súas pedras, polos seus naufraxios e polo súa contenda co mar. Tamén é o punto máis occidental da península onde os solpores se volven maxia entre os ronseis que esculpe o océano, iso xa o engadimos nós.