Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizado consciente o octoxenario que estaba desaparecido en Carnota

Localizado consciente o octoxenario que estaba desaparecido en Carnota

Os servizos sanitarios encárganse do seu traslado ao Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee

Imaxe cedida Imaxe cedida
G24.gal 13/09/2026 21:36

O home foi localizado consciente, tirado nunha zona de monte, polos voluntarios de Protección Civil de Carnota.

Os servizos sanitarios encárganse do seu traslado ao Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee.

A Unidade Operativo de Drons do Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axega incorporarase esta tarde ao operativo de busca do octoxenario.

Foi un familiar quen chamou ao 112 Galicia sobre as 14 horas para explicar que saíra dar un paseo pola zona de Caldebarcos, en San Mamede (Carnota) e que non regresara.

De inmediato, informouse aos axentes da Garda Civil, que coordinan o operativo, ao GES de Muros, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Carnota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade