Un home ten que ser excarcerado logo de bater co coche contra un poste en Rois
O único ocupante estaba ferido e atrapado, e tamén puido contactar co 112 Galicia a través do sistema de aviso do vehículo, o e-Call
Imaxe cedida polo GES de Padrón
Un home tivo que ser excacerado logo de bater co seu coche contra un poste no quilómetro 3 da AC-308, en Augasantas, Rois.
Minutos antes das 15 horas, un particular alertou o 112 Galicia de que un coche acababa de bater contra un poste e envocara.
O único ocupante estaba ferido e atrapado, e tamén puido contactar co 112 Galicia a través do sistema de aviso do vehículo, o e-Call.
De inmediato, alertáronse as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Boiro, o GES de Padrón e os voluntarios de Protección Civil de Rois e mais os servizos de mantemento da estrada.
Os bombeiros excarceraron o home, de mediana idade, que foi evacuado en ambulancia ao hospital clínico de Santiago.