Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece ao bater coa furgoneta contra unha árbore en Castro de Rei

Falece ao bater coa furgoneta contra unha árbore en Castro de Rei

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar a vítima 

Estado no que quedou a furgoneta
G24.gal 12/09/2026 14:55 Última actualización 12/09/2026 21:21

Un home morreu este sábado nun accidente de tráfico na estrada N-640, ao seu paso polo concello de Castro de Rei. Ocorreu no quilómetro 75 á altura da parroquia de Ludrio.

Segundo informa o 112, o falecido conducía unha furgoneta e, por causas aínda sen determinar, foise da vía e acabou batendo contra unha árbore.

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar a vítima. Ata o lugar tamén se desprazaron as urxencias sanitarias, a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade