Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home duns 70 anos afogado na praia de Seixeliño, no Grove

Morre un home duns 70 anos afogado na praia de Seixeliño, no Grove

Malia os esforzos por salvarlle a vida, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento

G24.gal 12/09/2026 15:21

Un bañista duns 70 anos morreu afogado a mañá deste sábado tras sufrir unha indisposición na praia de Seixeliño, en San Vicente, no Grove.

O suceso ocorreu contra as 14:00 horas, na zona de baño entre as praias de Area da Cruz e Seixeliño. 

O 112 Galicia tivo constancia a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que estaba a mobilizar o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Os servixos sanitarios acababan de rescatar un home que aboiaba boca abaixo na auga e estaban a tratar de reanimalo na area.

De inmediato, activouse un operativo no que, ademais dos servizos sanitarios, participaron a Garda Civil, a Policía Local e o GES do Grove.

Malia os esforzos por salvarlle a vida, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home, veciño de Santiago de Compostela.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade