O Concello da Guarda prohibe temporalmente o baño na praia do Carreiro por contaminación microbiolóxica
O Concello da Guarda prohibe temporalmente o baño na praia do Carreiro por contaminación microbiolóxica
A última mostra recollida no areal presenta niveis de contaminación microbiolóxica por encima dos establecidos para permitir o baño
As restricións manteranse ata coñecerse os resultados da contraanálises e se confirme que a calidade da auga está nos parámetros de seguridade permitidos
Concello da Guarda
O Concello da Guarda informou da prohibición temporal de baño na praia do Carreiro por un episodio de contaminación microbiolóxica. Así, fontes municipais sinalaron que se recibiu unha comunicación por parte da Consellería de Sanidade que indica que a última mostra recollida no areal presenta niveis de contaminación microbiolóxica por encima dos establecidos para permitir o baño.
Por iso, para garantir a seguridade dos usuarios, o Concello estableceu esta medida de prohibición desde este luns e "ata novo aviso". As restricións manteranse ata coñecerse os resultados das contraanálises e se confirme que a calidade da auga está nos parámetros de seguridade permitidos.