Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor excarcerado tras bater contra un bus en plena Gran Vía de Vigo

Un condutor excarcerado tras bater contra un bus en plena Gran Vía de Vigo

Tras o choque o turismo montouse na beirarrúa e impactou contra un farol

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital 

 

EFE/Sxenick EFE/Sxenick
G24.gal 12/09/2026 08:29

Os Bombeiros de Vigo excarceraron un ocupante dun turismo que quedou atrapado no interior do vehículo tras sufrir un accidente cun autobús na Gran Vía.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que trasladou dúas persoas ao hospital. Varios particulares alertaron o 112 Galicia dos feitos pasadas as 22:15 horas. Segundo indicaron, o turismo chocara contra un autobús e, posteriormente, contra un farol.

No momento da chamada, unha persoa permanecía atrapada no interior do coche. Ata o lugar desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vigo e os axentes da Policía Local.

Os bombeiros lograron liberar o ocupante do turismo, que foi evacuado ao hospital, do mesmo xeito que a outra persoa ferida no accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade