Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os famosos nove baños de setembro na Mariña

Os famosos nove baños de setembro na Mariña

As Carolas, mulleres que traballaban no campo, os empregaban para recuperar forzas

G24.gal 11/09/2026 20:49

Cada ano, son moitos os que visitan as praias da Mariña, pero non todos coñecen as propiedades supostamente medicinais da auga. As persoas que levan toda a vida, por exemplo, na Rapadoira si o coñecen.

"Si, porque ten moito iodo, por iso veño sempre", comenta unha señora da zona

Augas con moito iodo, boas para a pel e a recuperación muscular. Unhas propiedades que eran moi boas paras as Carolas, mulleres que viñan do centro da provincia a bañarse na Mariña

"Eran persoas que traballaban moito, viñan despois da sega e da malla. Estaban rebentados e o medico non tiña resposta para ese tipo de doenzas. Resulta que era cansanzo, pero non lles podían dicir que precisaban días de vacacións. Foi entón cando idearon os famosos nove baños na Rapadoira, en Barreiros, Ribadeo e Viveiro", explica o escritor e divulgador Xesús Basanta

Nove baños en días impares no mes de setembro para recuperar o corpo. En Foz, xa lles tiñan cariño

"Eran persoas amables, educadas e atentas. Para nos eran como extraterrestres, pero iso acabouse. Hoxe son igual ca nos en todo", comenta tamén Xesús

Hoxe todos somos iguais, todos imos á praia para desconectar e recuperar forzas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade