Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos tres feridos nunha explosión na fábrica de municións de El Fargue, en Granada

Polo menos tres feridos nunha explosión na fábrica de municións de El Fargue, en Granada

A forte detonación foi sentida en municipios próximos como Fuente Vaqueros ou La Zubia e levantou unha nube de fume tipo fungo

A Policía Nacional estableceu un primeiro cordón de seguridade e outro segundo para asistir veciños e viandantes que puidesen necesitar axuda

G24.gal 30/10/2026 10:26

Polo menos tres persoas resultaron feridas de carácter leve nunha explosión rexistrada esta mañá por causas aínda descoñecidas na fábrica de municións de El Fargue (Granada), segundo informou a Policía Nacional.

O sinistro ocorreu minutos antes das 9:00 horas por causas que están a ser investigadas nunha zona de queimadeiro de pólvora, unha área "moi restrinxida" da fábrica, informaron a EFE fontes policiais.

A forte detonación, que foi sentida en municipios próximos como Fuente Vaqueros ou La Zubia e levantou unha nube de fume tipo fungo, causou polo menos tres feridos leves con lesións auditivas pola explosión.

Mentres a Policía Nacional cifra en dous os feridos, o sindicato UXT informa de tres, todos eles de carácter leve e polo mesmo motivo. Segundo o sindicato, ao parecer estábase realizando unha proba rutineira cando algo fallou, "pero o sitio estaba perimetrado e non había persoas preto", apunta a UXT.

Ata o lugar desprazáronse distintas dotacións policiais, como os Tedax, Seguridade Cidadá, e a Policía Científica, que realizan na zona unha inspección técnico-policial, alén dos bombeiros, Policía Local, Garda Civil e efectivos sanitarios.

A Policía Nacional estableceu un primeiro cordón de seguridade e outro segundo para asistir a veciños e viandantes que puidesen necesitar axuda. De momento non hai afección ao tráfico, as estradas están abertas e o dispositivo principal, concentrado dentro da fábrica. O 112 chegou a coordinar máis dunha trintena de avisos pola deflagración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade