Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un motorista queda ferido logo de bater contra un poldro en Tomiño

Un motorista queda ferido logo de bater contra un poldro en Tomiño

O home circulaba polo carril de tráfico lento cando o animal, xunto con outros catro cabalos, apareceu na estrada

G24.gal 12/09/2026 09:16

Un motorista quedou ferido logo de bater contra un poldro en Tebra, Tomiño.

O suceso ocurriu sobre as 22:44 horas deste sábado, no punto quilométrico 11 da PO-344 que une Tomiño con Gondomar.

O home circulaba polo carril de tráfico lento cando o animal, xunto con outros catro cabalos, apareceu na estrada.

Debido ao accidente o motorista resultou ferido e tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo.

Ata o lugar achegáronse a Policía Local, unha ambulancia, Protección Civil de Tomiño e a Garda Civil de Tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade